Máis de 20 millóns de clientes xa se benefician destas vantaxes
Transferencias gratuítas dentro do Espazo Económico Europeo desde a túa banca dixital.
Máis de 11.000 caixeiros para sacar diñeiro a débito desde onde queiras.
Paga con bizum, co móbil (Google Pay, Apple Pay ou Samsung Pay) ou co reloxo (Garmin Pay, Fitbit Pay ou Swatch Pay).
Fai os teus tramites 100% en liña, sen teres que pisar a oficina.
Abre a túa conta online en minutos
Necesitarás o teu documento de identidade, un teléfono móbil e un dispositivo con cámara.
Cubre os teus datos persoais e de contacto.
Ten o teu documento á man e confirma a túa identidade coa videoverificación.
Infórmanos sobre a túa situación económica.
Configura a xestión dos teus datos, indica as túas preferencias e crea o teu contrasinal.
Le e asina os teus contratos. Terás 14 días naturais para cancelalo se queres.
Non, non teñen comisións de mantemento nin cargos polos servizos principais.
Para máis detalles, consulta estes documentos coa información completa:
Consulta estes documentos coa información completa da conta online CaixaBank:
Consulta estes documentos coa información completa da conta online imagin:
Non, estas contas non se retribúen (0% TAE, 0% TXN).
CaixaBank, S.A., co NIF A08663619, inscrita no Rexistro Administrativo Especial do Banco de España co número 2100, é a entidade que ofrece a conta bancaria.
A emisión e o mantemento de tarxetas adicionais ou de beneficiario non están incluídos e terán o custo indicado no contrato de tarxetas.
Durante a vixencia do acordo, a entidade emisora da tarxeta pode cambiar a modalidade da tarxeta sen custo adicional. Se isto acontece, informarémoste con antelación para poderes revisar as condicións da nova tarxeta (sexa de débito ou crédito), que manterá prestacións equivalentes á orixinal. Concesión da tarxeta suxeita á aprobación previa de CPC.
Tarxeta de débito emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U. ("CPC"), con domicilio na avenida de Manoteras, núm. 20, Edificio París (28050 Madrid). CaixaBank, S.A. actúa como entidade axente da emisora da tarxeta.
O sistema de protección de fondos de clientes usuarios de servizos de pagamento elixido por CPC é o depósito nunha conta separada aberta en CaixaBank, S.A.
Se domicilias a túa nómina na conta online sen comisións de CaixaBank, ou na conta aberta de imaginBank, podes recibir un incentivo de:
- 150 € netos se domicilias unha nómina de polo menos 900 €/mes.
- 250 € netos se domicilias unha nómina de polo menos 1.500 €/mes.
Para a promoción de CaixaBank terás que:
- Domiciliar a túa nómina e 3 recibos ao trimestre nunha conta de CaixaBank.
- Realizar 3 compras con tarxeta ao trimestre (non aplicable a tarxetas de empresa).
- Manter estas condicións durante 24 meses e seguir sendo cliente de CaixaBank outros 24 meses máis (cunha conta ou depósito con máis de 5 € de saldo).
Para a promoción de imaginBank terás que:
- Domiciliar a túa nómina nunha conta de imaginBank.
- Manter estas condicións durante 48 meses.
Se non cumpres cos requisitos, aplicaráseche unha penalización proporcional ao tempo incumprido. Promoción válida ata o 20/4/2025, non acumulable a outras promocións de domiciliación de ingresos realizadas desde o 1/1/2023.
Información fiscal:
- O importe bruto do incentivo é de 185,19 € (para o incentivo de 150 €) e de 308,64 € (para o incentivo de 250 €).
- Aplícase unha retención do 19% de IRPF, o que dá lugar ao importe neto recibido. Este incentivo considérase rendemento do capital mobiliario monetario e debe declararse na renda. A retención aplicada pode deducirse na declaración do IRPF.
En só cinco pasos